VELLA ESCOLA CULTURA URBANA 10 Aniversario

Vella Escola fai 10 anos (2009-2019)!!!

Todo comezou coma un xogo de nenos alá polo ano 2006 cando se crea un pequeno equipo de Breakdance que xa levaba o nome de "Vella Escola Crew", converténdose 3 anos máis tarde (2009) nunha asociación cultural, que a día de hoxe cumple toda unha década que deixa atrás máis de 500 proxectos relacionados coa Cultura Urbana.

Para celebralo, como non podía ser doutro xeito, o pasado mes de setembro celebrouse en Noia un evento conmemorativo que reuniu a deportistas, músicos e artistas de ata 15 disciplinas urbanas.

Compartimos o vídeo deste 10 Aniversario da Vella Escola celebrado no paseo marítimo de Noia o 28 de Setembro de 2019 e onde se realizaron diversas exhibicións, quedadas e competicións.

POR 10 ANOS MÁIS DE CULTURA URBANA GALEGA!!!



+Info en: www.vellaescola.com

Comentarios